Linho do Cuco presentan III.Este traballo supón un xiro de estilo e sonoridade onde conflúen tendencias centroeuropeas e timbres populares galegos en perfecta conxunción.
En III conflúen as experiencias dos oito compoñentes a nivel individual coma a nivel grupal, co que o disco convírtese nunha concentración disolta nunha ducia de cortes que sorprenden pola orixinalidade e a elaboración dos arranxos, intrépidos e desvergonzados.
Sen caer na pretenciosidade e fuxindo de clichés explícitos, Linho do Cuco III, sincretiza elementos propios e alleos nun confluir musical do que agardamos gostedes.